logo
Doa para levar Sumar a cada recuncho de Galicia!

En Sumar Galicia queremos levar as propostas de transformación do goberno progresista a todo o País. Subir salarios, baixar a xornada, mellorar o sistema sanitario, baixar os prezos, facer que a vivenda sexa asequible, derogar a lei mordaza... son medidas que estamos impulsando dende o goberno, encabezadas por Yolanda Díaz, a mellor Ministra de Traballo da historia.

Pero para que iso sexa posible, precisamos continuar a extender a nosa presenza en todo o país. Queremos chegar a cada concello e a cada comarca para coñecer as necesidades e chegar a cada votante, e iso só podemos conseguilo co traballo de moitas persoas comprometidas que xa están a traballar, pero tamén cos apoios puntuais de moitas outras que achegan os recursos que precisamos. Cada euro que nos fagades chegar axúdanos a cumplir a nosa meta.

Lembra que ao tratarse dunha doazón a unha entidade sen ánimo de lucro, poderás deducir un 80% do aportado na túa vindeira declaración de IRPF.

Non o dubides! Calquera contribución que poidas facer é fundamental para organizar Sumar Galicia en todo o País. Podes deducir un 80% da doazón na túa vindeira declaración de IRPF.

Cantidade

Tipo de doazón